A Casa de Cultura de Salvaterra acolle esta tarde, ás 18.00 horas, o espectáculo de Tanxarina Títeres que presentará Tiricircus. Será no salón de actos con entrada gratuíta e todas as medidas anticovid.

Trátase dunha actividade cultural dirixida a toda a familia e programada pola Deputación de Pontevedra dentro da súa iniciativa “Aviventa Teatro”, dentro da sección “Tornar ás táboas”, unha aposta polas artes escénicas e as compañías profesionais da provincia.

Este espectáculo de títeres vai dirixido aos maiores de 3 anos. Trátase dun circo vido a menos que conserva as súas estrelas que sorprenderán ao público coas súas habilidades. Está protagonizado por Eduardo Cunha «Tatán» y Miguel Borines. Dura 50 minutos.