A etapa 20 de La Vuelta 21 rematou en Mos. Foi unha xornada intensa que se clausurou cun concerto de Milladoiro nos exteriores do centro cultural de Herville, a escasos metros da meta atravesada en primeiro lugar polo francés Clément Champoussin, seguido do que ao día seguinte se proclamaría campión, o esloveno Primoz Roglic. Unha meta que estivo amenizada musicalmente polas Girls Gang.

A localidade mosense vestiuse de gala días antes e xa dende meses atrás traballou nunha programación especial con motivo de acoller La Vuelta 21, cuxa etapa comezou en Sanxenxo e ao longo dos seus máis de 200 quilómetros percorreu tamén parte dos concellos da bisbarras, como foron Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar.

Máscara e tema musical

Por segundo ano consecutivo, Mos deseñou o seu propio modelo de máscara protectora, resultante dun concurso entre os estudantes de Bacharelato e creou un tema musical. A Banda de Música Xuvenil de Torroso, xunto co cantante mosense Antonio Barros, versionaron a canción de La Moda, do que gravaron tamén un vídeo clip. Ademais do concerto de Milladoiro tamén actuou nesa semana Xoel López, que esgotou as entradas en menos de catro horas.

Multideporte

Unha xornada infantil de convivencia en Afouteza na que participou máis dun cento de nenos e “Mos sobre rodas” no Castro de Herville foron dúas das últimas actividades deportivas relacionadas con La Vuelta.

MOS SOBRE RODAS

MOS SOBRE RODAS EN HERVILLE. SOMOS LA VUELTA, SOMOSMOS!

Posted by Concello de Mos on Saturday, August 28, 2021

Unhas 350 persoas, entre elas usuarios e monitores de DisCamino, participaron da iniciativa, para todos os públicos, que incluíu marcha MBT, circuíto para vehículos sobre rodas sen motor (monopatíns, patíns, patinetes, bicicletas, triciclos) e andaina.

  • El nuevo reto de DisCamino: un itinerario de 50 días y 2.800 km

Murais e bandeira

Alumnado dos colexios Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, Atín, Petelos e Pena de Francia, así como os cativos que participaron no campamento estival Mañás de Verán no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, en colaboración cos centros e as anpas, confeccionaron murais conmemorativas de La Vuelta 21 ao seu paso por Mos e expuxéronse en Herville.

Arriba murais confeccionados por nenos e abaixo bandeira xigante. D.P.

Por outra banda, unha bandeira xigante de 6x9 metros luciu no Castro de Herville e foi contemplada por España e polo mundo desde o ceo durante a retransmisión televisiva que segue o helicóptero que sobrevoa ao pelotón.

Arriba murais confeccionados por nenos e abaixo bandeira xigante. D.P.

Encaixe

As Palilleiras de Mos tamén puxeron o seu gran de area instalando sobre a escultura homenaxe a Óscar Pereiro, no Castro de Herville, unha bicicleta xigante que elaboraron con encaixe bolillos.

Medio ambiente

E outra escultura, esta vez de vidro reciclado de media tonelada, instalada na glorieta do multiusos das Pozas, rende tributo a Óscar Pereiro, ex ciclista e campión do Tour de Francia en 2006, pola súa traxectoria deportiva e o seu labor en defensa da sustentabilidade.

Arriba murais confeccionados por nenos e abaixo bandeira xigante. D.P

Unha homenaxe que simboliza os méritos deportivos do mosense e o seu activismo para promover a sustentabilidade no deporte como embaixador de Ecovidrio e La Vuelta por sexto ano consecutivo.