O Concello de Salvaterra de Miño celebrou a súa sexaséxima segunda Festa do Viño do Condado do Tea a última fin de semana de agosto, logo de que o verán pasado os organizadores decidiran non festexala pola COVID-19. Aínda que comedida por estarmos en pandemia e sen moitas das súas actividades insignia, Salvarterra puido contribuír a divulgar un ano máis “a cultura do viño” e os valorados caldos que se elaboran nas adegas da subzona do Condado do Tea.

Participantes no túnel do Viño de Salvaterra. | // ANXO GUTIÉRREZ

Foron 14 adegas as que celebraron catas comentadas cun aforo limitado. As adegas tamén ofreceron visitas para explicar in situ o proceso de elaboración dos seus viños. Foron 6 as que , con reserva previa, se abriron para mostrar as súas instalacións.

O túnel do viño, con reserva previa no Museo da Ciencia do Viño, foi unha oportunidade para degustar 27 caldos da comarca.

A cata na procura dos deliciosos do ano fíxose nesta edición con 13 expertos a porta pechada por seguridade sanitariaa. Os catadores mostráronse moi satisfeitos coa calidade xeral dos viños presentados “e comentouse de forma máis concreta que lles sorprendeu a calidade das Rías Baixas condado”, asegurou Ramón Huidobro, secretario general de la D.O. Rías Baixas e coordinador da cata,. “De feito, as puntuacións son mellores nos condados que nos monovarietales”, engadiu. Nun debate posterior á cata, a conversación centrouse na necesidade de potenciar os viños de elaboración con varias variedades na comarca do Condado, “porque dan un valor diferencial con respecto ao resto dos viños, e loxicamente comercialmente falando achegan unha diferenza porque podes ofrecer un produto distinto que só se ten nesta comarca” engadiu o representante do consello.

Esta festa, declarada de interese turístico de Galicia en 2016, incluíu tres concertos gratuítos na Praza do Concello protagonizados pola Banda Crebinsky, Susana Seivane e A Roda.

O Concello de Salvaterra de Miño desexa celebrar unha Festa do Viño do Condado do Tea con toda a súa transcendencia en canto a seguridade sanitaria o posibilite.