A Louriña xa conta cun novo hotel de insectos. Se o pasado mes de xullo o Concello de Mos informaba da instalación de esta estrutura na Veigadaña, sendo o segundo en Galicia logo do existente na Illa de Sálvora, fai unhas semanas en Salceda de Caselas anunciaban tamén de que o municipio “contará co seu primeiro hotel de insectos feito de xeito artesanal cun resultado ben fermoso”.

Estas estruturas dan abrigo e protección ás especies que polinizan as plantas e controlan a presenza de pragas. Os hoteis de insectos son refuxios de vida con moitos beneficios para os nosos xardíns e a súa contorna.

Dende o Concello de Salceda de Caselas agradecen á comisión naturista da ACDE Treze Catorze terlles asesorado na súa localización.