O Club Fútbol Cañiza celebrou o seu 50 aniversario cun acto na Praza Maior da localidade no que se rendeu homenaxe a todas as persoas que formaron parte do equipo durante o seu medio século de vida: dende o ano 1971, ano no que se federou o equipo até este 2021. Con todo, o fútbol na Cañiza comezou case 35 anos antes de que fose un club federado; os xornais dos anos 30 do século XX xa publicaban novas sobre as seus encontros deportivos. Con motivo do seu aniversario, a casa do concello acolleu unha exposición do club ata o pasado 30 de agosto. O alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou a mostra acompañado do presidente de honra do equipo, Carlos Mera, e da nova presidenta do club, Mónica Paz. Na exposición puideron coñcerse os triunfos e trofeos, ascensos, derrotas, xogadores, directivas, equipacións, publicacións, así como gran cantidade de artigos que documentan a historia do Cañiza.