O Concello de Tui, coa integración na Red de Juderías de España, está traballando na promoción turística da cidade ao abeiro do importante conxunto patrimonial relacionado coa presenza xudía en Tui ao longo dos séculos.

Coa intención de incrementar o atractivo da cidade en torno aos seus recursos xudeus ou sefardís, vincularanse coa gastronomía Por iso, o Concello de Tui, a través da Red de Juderías, organiza un obradoiro práctico denominado “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra que estará en Tui este luns 13 de setembro. Está dirixido exclusivamente a profesionais da hostalaría e restauración tudense. Javier Zafra é autor do libro “Sabores de Sefarad”, e a experiencia permitirá á hostalería tudense aprender sobre gastronomía sefardí.