Os plans de despregue de fibra óptica presentados aos concello de Arbo por dúas empresas, e que contan cos informes técnicos favorables, queren poñer ao municipio de Arbo na vangarda das telecomunicación co obxectivo de facer chegar as últimas tecnoloxías aos arbenses. Para elo vaise despregar unha rede de telecomunicacións de última xeración, de maneira que se fará chegar a fibra óptica no vindeiro ano ata as vivendas dos usuarios.

O alcalde Horacio Gil explica que coa instalación da mencionada fibra óptica o que se pretende outorgar aos veciños de Arbo son as vantaxes que este servizo ofrece como poden ser maior seguridade e velocidade na transmisión de datos e navegación a alta velocidade.