Na fonte da Vila, diante da praza de abastos de Salvaterra de Miño, existe desde o pasado 18 de xullo un Espazo da Memoria Histórica. A súa creación era un dos obxectivos da Plataforma cívica creada o 19 de agosto do 2020 para a recuperación da Memoria Histórica do Concello de Salvaterra de Miño. No acto de inaguración, a historiadora e veciña da parroquia de Fiolledo María del Rocío Pino Domínguez leu un manifesto e, a continuación, descubriuse a placa “en recoñecemento das víctimas do golpe de Estado de 1936”. Pechouse o acto coa marcha do antigo Reino de Galicia.