Hoxe chega ao seu fin a Semana Musical de Tenorio. A música tradicional e de banda protagonizan este encontro que comezou o pasado mércores cun concerto da Banda de Música de Tenorio. O xoves actuou Grupo Foula, onte a Banda de Música de Salcedo e o broche de ouro porano hoxe os Tranzantes de Tenorio.

Finalmente, o escenario escollido para acoller estas actuacións foi o pavillón do Instituto de Tenorio dada a inestabilidade atmosférica e as previsión climatolóxicas adversas para estes días. Todos os concertos son ás 20.00 horas e haberá que respectar o protocolo de prevención e loita fronte COVID-19, con capacidade limitada, emprego obrigatorio da máscara de protección e manter a distancia social.