Trala aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas e coas que reactivar o sector turístico trala COVID-19. A Concellería de Turismo, ao fronte do alcalde, Carlos Gómez, decidiu ampliar esta oferta ao mes de setembro logo da gran acollida en xullo e agosto.

As rutas que quedan pendentes son todas visitas guiadas polo casco histórico da vila e están programadas para hoxe mesmo, para o vindeiro sábado 18 e para o domingo día 26. Todas elas parten ás 11.00 horas dende a oficina de turismo

Durante 90 minutos, un guía oficial habilitado pola Xunta de Galicia acompañará aos participantes por un percorrido polos diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Encuentro Entre Dos Mundos, o Paseo Ribeira e o casco histórico.

O número de asistentes está limitado a 20 persoas polo que é precisa a inscrición previa na oficina de turismo, enviando un correo electrónico ao enderezo oficinadeturismo@baiona.gal ou chamando ao número de teléfono 986 68 70 67. O punto de encontro, trala confirmación de praza dispoñible, será o palco do Parque da Palma.

As persoas participantes deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade co resto de persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.