O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, do 22 ao 26 de setembro en Tui, acadará a súa décimo séptima edición.

Baixo o nome Cinema Percorridos II: Visións Nocturnas, Play-Doc aposta de novo por unha experiencia única onde o cinema transformará o espazo público e dialogará cos espectadores a través dun percorrido nocturno pola cidade monumental de Tui.

Despois do éxito na edición pasada, o festival volve sacar o cinema fóra das salas. Baseándose na idea de que as creacións audiovisuais funcionan de maneira moi diferente nun espazo público e aberto que nunha sala pechada dun cinema. Ofestival pretende provocar con esta ruta audiovisual unha interacción entre diferentes instalacións e os lugares onde son proxectadas, convertendo as paredes da cidade en pantallas ocasionais.

Os participantes crearán instalacións audiovisuais inéditas e traballarán complementando a súa propio material cun banco de imaxes de arquivo proporcionado polo festival, que consiste nunha colección de cinema doméstico, filmado en super 8 polos habitantes de Tui nas décadas dos 60, 70 e 80.

Participarán seis vídeo artistas de recoñecido talento como son o barcelonés Juanjo Fernández Rivero, o portugués afincado en Texas, Joao Beira. Tamén creadores vinculados á escena galega e con forte proxección internacional como son Juanma Lodo, Montse Piñeiro, ou o colectivo AA++ de Anxo Roda e Ana Domínguez.

Juanjo Fernandez Rivero (Gnomalab) é un artista-tecnólogo do audiovisual expandido, vj, membro do aclamado grupo musical The Suicide of Western Culture e un dos creadores de videomapping máis coñecidos internacionalmente. O portugués João Beira é investigador e fundador do colectivo de artistas-codificadores Datagrama. O representante galego Juanma Lodo, artista multidisciplinar e músico experimental cunha gran actividade noutros campos como a fotografía, o cinema, o deseño gráfico ou a artes plásticas e multimedia. A escenógrafa e iluminadora Montse Piñeiro experimenta coa fotografía, a escultura e as artes visuais, adícase a ilustración, a animación e a escultura. Finalmente, os coruñeses Colectivo AA++ , Ana Domínguez y Ángel Rueda, presentan ao vivo tecnoloxías óptico mecánicas do cinema, explorando as posibilidades creativas da proxección cinematográfica e a súa percepción sensorial.