A novena edición do Festival Groba rematou onte en Ponteareas cun concerto de clausura no que participou Spyros Fakiolas, Alba Reirís, a Orquestra de Cámara Galega, e Rogelio Groba Otero. Soaron obras Mozart, Danzi, Brahms, Dvorak, Piazzolla, e de Rogelio Groba, entre elas unha inédita do compositor ponteareán que xa acumula 721 compostas.

O IX Festival Groba comezou en Ponteareas o pasado sábado, 14 de agosto, e incluíu oito actuacións con entradas de balde que se puideron reservar na plataforma eventbrite. Para a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, este festival “xa forma parte do ADN de Ponteareas e democratiza a alta cultura levando a música ás rúas”. Houbo concertos no Convento de Canedo, na Feira Vella, na Praza Doutor Fernández Vega e no auditorio.