Gondomar conta cun parque lúdico canino. Foi deseñado polo arquitecto Pedro González Souto e a súa construción requiriu un investimento de 84.920 euros, a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. Está situado sobre o solar municipal da Avenida Curros Enríquez onde estaba proxectado o polémico tanque de tormentas da Xunta para o municipio.

​En total actuouse sobre unha superficie de 3.000 metros cadrados, unha parte importante destinouse ao recinto específico para as mascotas, e o espazo restante a parque con tramos diferenciados cun merendeiro, unha pérgola e unha zona cuncircuíto biosaudable.

Circuito agility

O parque canino conta con diferentes elementos como aneis de salto, mesas caninas, pasos, ramplas ou corredores para os cans que darán forma a un circuíto“agility”; unha modalidade que combina a disciplina e o deporte a través dun percorrido composto por eses elementos que os animais deberán superar acompañados polos seus donos. De feito, estos circuítos son en ocasións preparatorios para distintas competicións dos animais.

O recinto estará valado para posibilitar que cans e cadelas poidan estar soltos no seu interior e tamén contará, ademais de con zonas verdes, cun amplo areal para os animais.

Este parque canino “terá unha orientación pedagóxica para que todo o que teña un animal saiba como actuar con el” apuntou o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, coa intención de estudar mesmo a posibilidade de impartir cursos gratuítos de adestramento con especialistas.

Roteiro

Gondomar valora ademais a construcción dun roteiro biosaudableque dividido en tres subzonas; unha adaptada, outra para dúas persoas e, finalmente, unha que dará cabida a sete usuarios simultaneamente.

​O parque conta con zona destinada ao descanso con mesas, pérgola e mobiliario urbano como bancos e papeleiras ao longo de todo o percorrido no que se instalarán catro fontes e iluminación.