O peche do festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrouse na lonxa de Cesantes, en Redondela, o pasado domingo coa presentación de Tatuado nos ollos levamos o pouso, a nova curtametraxe documental da cineasta redondelá Diana Toucedo, un traballo producido por Sinsalaudio coa participación do Concello de Redondela.

Nesta curtametraxe, que conta coa música da viguesa BFlecha e das verbas da poeta Dores Tembrás, as mariscadoras e mariñeiros da Confraría San Xoán de Redondela constrúen con cada xesto unha rede de sabedoría e coidados herdados por xeracións enteiras.