Está en marcha a sexta edición do Campus Balonmán Cañiza como cada verán, unha oferta multideportiva e cultural na que participan este mes máis de medio cento de nenos e nenas de entre os 4 e 16 anos de idade. Un clásico de lecer para cañicenses e cativos e cativas doutras localidades no que gozan da práctica do balonmán, a natación, manualidades, xogos de verán, cinema e teatro, entre moitas actividades. O campus comezou o 2 de agosto e os participantes e os monitores foron recibidos no concello polo alcalde, Luis Piña.