Rematado o curso comezaba un verán cheo de actividades didácticas e lúdicas para os máis cativos da casa. Un xeito divertido de pasar esta época estival á vez que é unha solución para moitos pais que precisan conciliar a vida laboral e familiar. Unha resposta a esta demanda que a gran maioría dos concellos da comarca ofrecen aos proxenitores. Algúns durante todo o período que duran as vacacións escolares e outros só neste mes, por diferentes quendas e sempre en horario de mañá, pero case todos presentaron propostas que a día de hoxe ocupan a varios centos de nenos entre os 3 e os 12 ou 13 anos.

Mañás conciliadoras L. Costas

En Ponteareas, arredor de 125 cativos comezaron o primeiro de xullo os campamentos organizados dende a Concellaría de Ensino. Na primeira quenda 100 nenos aprenden xogando cada mañá co Campus Tea, que se desenvolve nas instalacións do colexio público Nosa Señora dos Remedios. E, por outra banda, outros 23 participan no Verán Rural, que na primeira quincena de xullo se desenvolveu no Centro Cultural de Xinzo.

  • Los campamentos de verano más exitosos de la historia

    Galicia: a terra do milleiro de emocións

A través destes campamentos, o Concello promove actividades lúdicas e didácticas para ofrecer un tempo de lecer de calidade aos máis pequenos. Combinando xogo e saídas didácticas con actividades creativas, culturais e de coñecemento, estes campamentos teñen por obxectivo espertar a curiosidade dos participantes e ampliar o seu coñecemento sobre a vila e a súa contorna a través dunha pedagoxía de lecer baseada na educación en igualdade, en hábitos de vida saudábeis e no respecto ao medio ambiente

Celébranse en diferentes quendas e nalgúns casos aínda hai prazas dispoñibles

En Arbo, cun total de 64 participantes con idades comprendidas entre 3 e 13 anos deu comezo tamén a primeira quenda do campamento de verán. Co proxecto “Non hai planeta B “ os participantes introdúcense na educación ambiental a través de distintos xogos, experimentos e obradoiros, “unha poderosa ferramenta coa que contamos para, si non solucionar este problema, polo menos axudarnos a avanzar na procura dun futuro que teña en conta o coidado do noso planeta.”

O campamento celébrase por quincena, durante os meses de xullo e agosto, nas instalacións do CEIP Antonio Carpintero. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en participar deben inscribirse canto antes ca Casa do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Tamén en Salvaterra de Miño, o Concello organiza o campamento por quincena en ambos meses, xullo e agosto. Este ano realízase nas instalacións do CEIP de Leirado e estarán operativas un total de 200 prazas co fin de axudar á conciliación, complementado o servizo coa aula madruga e comedor

Na Cañiza, con base no pavillón municipal Carballo do Marco, estase a celebrar o campamento de verán estruturado en dúas quendas. A primeira do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 31. Durante estes 15 días, de luns a venres e en horario de 09.00 a 14.00 horas, desenvólvese un completo programa de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural. Ademais, nese mesmo horario de mañá e sempre que o tempo o permita, os cativos, de entre 3 e 12 anos participantes no campamento, poden usar en exclusividade as instalacións da piscina ao aire libre.

Te puede interesar:

Tamén en Covelo a “Escola de verán” se celebra durante este mes de xullo, igualmente para nenos de 3 a 12 anos, durante as mañás de luns a venres.

Plan Revitaliza

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra volve levar este verán as súas actividades sobre compostaxe para crianzas ás ludotecas e campamentos estivais dos concellos da provincia. As charlas, obradoiros, contacontos e xogos comezaron neste mes de xullo, con varias quendas xa programadas en varios nos municipios entre eles dous da comarca, Arbo e A Cañiza.

As actividades educativas do Revitaliza están destinadas a alumando de Infantil, Primaria e Secundaria dentro da programación de verán organizada dos municipios, xa ben campamentos urbanos, obradoiros, xornadas divulgativas ou ludotecas, mais tamén se inclúen actividades para grupos familiares.