O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris, responsable do proxecto Transformando Realidades, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante a celebración de varias accións

As actividades arrancaron coa gravación dun manifesto publicado na web municipal en nas redes sociais, así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.

Por outra parte, a Praza do Reló acolleu dúas mesas redonda baixo o título “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”, un faladoiro impartido por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (Asociación Nós Mesmas) onde se tratou a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres lesbianas, bixesuais e trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara ao futuro; e “Familias TransOrgullosas”, impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, na que se falou das familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia.

A Casa dos Alonso acolleu “Piratrans Carabarco”, un obradoiro dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, no cal a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ao máis pequenos o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.

E xa para pechar esta segunda edición de “A Guarda Diversa”, levouse a cabo un espectáculo de poesía eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy (guitarra).