Un espazo para o encontro e a convivencia veciñal é o que vén de estrease no Concello de Cerdedo-Cotobade. Trátase da casa do pobo de Cutián, a casa de todos os veciños que se inaugurou fai unhas semanas. Logo dunha serie de actuacións que incluíu unha renovación total do exterior e tamén no interior, onde se creou unha gran sala diáfana, baños, teitos, carpintaría, instalación de todos os servizos (electricidade, fontanería, saneamento e calefacción) e tamén dunha cociña. O alcalde Jorge Cubela recoñeceu o labor da asociación de veciños e tamén lembrou a aqueles que “loitaron por poñela en pé fai máis de 30 anos”.

Cutián inaugura a casa do pobo