Volve a iniciativa de promoción do comercio e a hostalería local “Noites na rúa” a Salceda de Caselas. A Asociación de Comerciantes e o Concello únense na posta en marcha destas dúas xornadas, onte venres e hoxe sábado, na que os comercios da vila ofrecen descontos de a partir do 25% e amplían o horario de apertura ao público ata as nove da noite. E nos locais de hostalería ofrécese un “pincho gourmet” polo prezo dun euro, e por cada cinco consumicións pódese participar dun sorteo de regalos.

Ademais para dinamizar e animar o ambiente festivo nas rúas organízanse actuacións musicais. Onte tocou o grupo Patinama na Praza do Concello e hoxe, no mesmo lugar, a partir das 19.00 horas, está previsto un karaoke infantil.