O último domingo de xuño celébrase a festa de San Liborio, na parroquia de Soutelo. Este ano por mor da COVID-19 foi diferente pero, con todas as medidas e precaucións, non faltou a música nin o ambiente festivo no Borralliño. Dende o Concello de Salceda, felicitan á veciñanza e agradecen o esforzo ás comisións de festas.