Edgar Costas Sanmartín vén de recibir o IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, instituído polo Concello do Porriño e organizado polo IES Ribeira do Louro e pola Editorial Galaxia.

“Casa de feras” así se titula a obra gañadora segundo o fallo ao que deu lectura a profesora Raquel Castro, secretaria permanente do xurado, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, foi quen entregou o galardón e o diploma acreditativo.

O premio está dotado con 2.000 euros, que son a achega do Concello do Porriño, e que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría. Ademais, Galaxia comprométese á edición e publicación da obra gañadora.

O Premio Roberto Vidal Bolaño naceu coa finalidade de crear un fondos de textos teatrais en galego, susceptibles de ser representados polo alumnado de ensino secundario.