Integrantes das Agrupacións de Protección Civil dos municipios de Redondela, O Porriño, Soutomaior e Moaña recibiron os novos carnés de voluntarios nun acto celebrado na explanada exterior do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que a entrega destas acreditacións enmárcase na actualización e regularización dos integrantes das Agrupacións de Protección Civil da provincia de Pontevedra, un proceso que se realiza cada catro anos. Así, en canto ás novas incorporacións repartíronse 29 identificacións á agrupación de Redondela, 2 á do Porriño e unha á de Soutomaior e á de Moaña.

A representante autonómica estivo acompañada polos alcaldes de Soutomaior e Redondela, Agustín Reguera e Digna Rivas, respectivamente; os concelleiros do Porriño e Moaña, Sergio Casal e Coral Ríos e por presidentes e outros membros destas entidades.