A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolle hoxe sábado e mañá domingo un mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo. Dende ás 10.00 e ata as 20.30 horas, de xeito ininterrompido, estarán abertos diferentes postos con diversidade de produtos. Ademais, polas tardes, a partir das 16.30 horas, haberá actividades para os máis pequenos da casa, abranguendo a nenos de 3 a 10 anos.

Asociación de Artesáns, Anticuarios e Coleccionistas

A feira, na que colabora o Concello, está organizada por Revolto Artesán Galego, Asociación de Artesáns, Anticuarios e Coleccionistas, integrada por persoas comerciantes que se xuntan para dar vida a mercados e feiras nas diferentes localidades de Galicia.

Así é que a última das citas foi a pasada fin de semana en Noia.