O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera e a concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron os premios do concurso “Verbas para... Comunicar” 2021 organizado co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade. A pesar da dificultade deste ano o alumnado “implicouse con moita ilusión” neste certame “que deixa grandes reflexións e aportacións moi creativas apostando pola lingua galega e polo seu uso en todos os contextos da vida diaria”, sinalan fontes municipais.

Todos os traballos presentados polo alumnado da ESO e Bacharelato do IES Soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol están expostos na web www.gabinetesoutomaior.com. Dende o Concello agradecen, un ano máis, “a gran colaboración dos centros educativos e do profesorado por facelo posible”