Logo dun ano de parón de por mor da pandemia, o Concello de Mos volve programar as “Mañás de verán”. Campamentos para os cativos da casa pensando na conciliación familiar e que se poderán realizar sempre e cando a situación sanitaria o permita, lembrando que o municipio atópase neste momento en nivel de restrición máxima derivado da COVID-19.

O campamento farase no CEIP Mestre Martínez Alonso en seis quendas, a semana do 23 ao 30 de xuño, a primeira quincena de xullo (do 1 ao 15), a segunda quincena de xullo (do 16 ao 30), a primeira quincena de agosto (do 2 ao 16), a segunda quincena de agosto (do 17 ao 31) e a semana do 1 ao 7 de setembro. O prezo por semana é de 50 euros e de 85 euros a quincena, con descontos a partir do segundo irmán.

O horario é de 09.00 a 14.30 horas, con posibilidade de aula madruga (entrando unha hora antes) e de servizo de fiambreira (ata as 16.00 horas). Son servizos opcionais e faranse se hai un mínimo de 10 rexistrados.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 15 de xuño. As solicitudes pódense descargar en liña ou collelas na Omix ou no Rexistro do Concello, lugar onde logo se deben presentar, de xeito presencial mediante cita previa ou a través da sede electrónica.

O campamento farase seguindo todas as medidas anti COVID-19.