O Concello de Redondela organizou dúas xornadas de educación medioambiental co alumnado do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda na praia de Arealonga.

Escolares limpan e reciclan o lixo de Arealonga l. c.

O areal recibiu a visita dos máis cativos que participaron desta actividade consistente na identificación e retirada de residuos. Unha vez localizado o lixo, os escolares recibiron explicacións sobre a procedencia do mesmo e as causas polas que chegaron a esta praia de Chapela. A continuación procederon á súa retirada de xeito selectivo para o seu tratamento.

Unha gran cantidade entullos, vidros e cabichas foi o recollido, na primeira xornada polo alumando de educación infantil e de primeiro e segundo curso de Primaria e na segunda polo resto de estudantes do centro (ata sexto de Primaria) que traballaron en grupos dividindo o areal en cinco sectores.

A actividade foi impartida pola técnica en educación medio ambiental do Concello, unha alumna en prácticas do CIFP A Granxa que cursa un ciclo superior de Educación medio ambiental e o concelleiro de Medio Ambiente Roberto Villar