O Concello de Tomiño continúa coa oferta de cultura segura e programou para a xornada dominical de mañá un concerto de música infantil a cargo de Uxía Lambona a Banda Molona.

Será ás 18.00 horas, no auditorio municipal de Goián pero as entradas levan xa días esgotadas.

O grupo presentará ao seu novo disco “Astronauta Sideral”, unha nova viaxe espacial e especial. Unha actuación moi dinámica na que farán que nenos e adultos sexan partícipes cunha morea de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Clásicos populares galegos

Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro” … moitos temas tradicionais e algún que outro propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia e mesmo o tango.