As xardineiras colgantes da Praza do Concello de Salceda de Caselas mudaron nos últimos días. Un traballo realizado por Aceesca, asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual que ademais, de centro educativo para a infancia e xuventude e de día para os maiores, dispón dun centro especial de emprego que ofrece, entre outros, servizos o de xardinería.