A pianista Brenda Vidal abriu a programación especial de Maio, o mes das Letras Galegas, no Concello de Nigrán. A actividade sociocultural continúa hoxe cun concerto de voz e piano en homenaxe ás vítimas da COVID-19 a cargo da mezzosoprano, e edil de Cultura, Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo.

A parella musical trae a Nigrán este proxecto do compositor Juan Durán despois de telo estreado na Real Academia Galega de Belas Artes (A Coruña). O concerto inclúe temas de Alfonsa de la Torre, Alfonsina Storni, Gabriela Mistral, Julia Uceda, Marica Campo e Rosalía de Castro, todas poetisas “invisibilizadas pola historia” e ás que Durán, que estará presente, quere dar luz con este proxecto. A entrada é de balde ata completar o aforo que determinan as autoridades sanitarias

A programación continuará o xoves 13 coa proxección de curtametraxes do Festival Internacional de Curtas de Bueu, o venres 14 presentarase o derradeiro libro de Carlos Méixome ‘Cartas na Memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’, o sábado 15 charla coloquio sobre Xela Arias e o concerto especial de Xardín desordenado, o Día das Letras Galegas festa da bicicleta, o sábado 22 cine na rúa en Chandebrito con ‘A Esmorga’ e para rematar o sábado 29 concerto de Cromosóns .