O Concello do Rosal continúa coa súa aposta por acadar a maior eficiencia enerxética nos edificios municipais co obxectivo de reducir os custos de enerxía e contribuír á protección do medio ambiente. Nese camiño, pon en marcha un proxecto piloto para rehabilitar enerxeticamente as escolas unitarias coas que conta o municipio,

A reforma integral do CRA de Pías é o primeiro paso na recuperación destes edificios emblemáticos tras a análise técnica previa da situación na que se atopaban todas as escolas unitarias municipais. O proxecto incluirá unha completa transformación en termos de eficiencia enerxética, implementando medidas que axuden a reducir ao mínimo o consumo enerxético e que contribúan a mellorar o confort interior tanto do alumnado como do equipo docente.