A programación cultural volve a Tomiño maña domingo, a partir das 17.30 horas. Será no Auditorio de Goián a mans do artista Xampatito Pato, co seu espectáculo “Só.”, unha auténtica revelación na escena circense.

O artista pasou polos principais festivais de circo e rúa, e tamén estivo en diversos teatros de todo o país. “Só.” recibiu múltiples premios e recoñecemento, unha proposta de malabares elegante e divertida, cunha disciplina pouco estendida como a “cigar box”, que sorprende pola súa orixinalidade: un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso, un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

A entrada ten un prezo de 3 euros para as persoas maiores de 12 anos e de 1,5 euros para os menores. Pódese reservar praza a través do correo electrónico cultura@tomino.gal ou chamando ao 986 62 20 01.