“A lingua galega no sector téxtil”, é un libro que recolle o estudo feito pola ponteareá Anabel Antela, estudante da Universidade de Vigo, como traballo de fin de grao (TFG) para acadar o seu título de graduada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Á venda en distintas librarías de Galicia, presentouno este mes no auditorio de Ponteareas. Esta publicación aporta a visión, opinión e posición da xeración millennial galega.

A Mesa pola Normalización Lingüística considerou que estaba tan ben feita a súa investigación que, xunto coa Deputación de Pontevedra, decidiron publicala.

Este libro poderá servir para orientar futuras accións ou campañas que contribúan á mellora da situación da lingua galega no sector téxtil e tamén á fin da diglosia na que se ve sumida Galicia.