Un total de 75 medidores de CO2 entregáronse esta semana aos hostaleiros de Mos. O Concello foi o primeiro de Galicia en adquirir, nunha empresa da localidade (RodaVigo) a cal ademais asumiu o 50% do custe total, estes dispositivos que a pesares de que, a día de hoxe o seu uso só está a ser obrigatorio unicamente nos restaurantes, dende o concello mosense fíxose entrega dun a todos os negocios do sector, cubrindo tamén a bares, cafeterías e taperías.

A administración local facilítalle así aos hostaleiros a adaptación ao Plan de Hostalería Segura de Galicia , que esixe controlar e garantir a calidade do aire no establecemento.

“Consideramos que a restauración precisa nestes intres máis apoio que nunca por atoparse nunha tesitura enormemente delicada, de xeito que estamos en constante busca de posibles vías de colaboración asumibles desde o Concello e esta é una delas”, explica a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

“Nestes tempos tan difíciles de pandemia, é necesario que as empresas e as institucións políticas poidan chegar a acordos que supoñan un beneficio social. Cando propuxemos facilitar a distribución e asumir os custos entre as dúas partes, aceptaron de inmediato e puxeron todas as facilidades posibles”, indicou o director xeral de Rodavigo Nazario Correa, quen acompañou a alcaldesa á entrega dalgúns dos dispositivos.