O Concello da Guarda acometerá proximamente traballos de rehabilitación e sinalización da fonte lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.

datado no ano 1.913, segundo consta na pedra labrada sobre o cano, fora rehabilitado nos anos 90 a través da escola obradoiro renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal dita cubrición que na actualidade precisan de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos. Así, a actuación a levar a cabo pasa por unha limpeza xeral, manual e con maquinaria e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira.