Salceda de Caselas vén de acoller o Campionato Galego de Grupos de Show Junior e Cuartetos de patinaxe artística onde se deron cita unha ducia de clubs da Comunidade entre os cales se atopaban algúns da bisbarra como o Ribex, o Patín Porriño ou o Condado, que se proclamou gañador en grupos show junior. O campión de cuartetos foi o Patín Axel de Arteixo.

Candela, Rocío, Erea e Amara formaron o cuarteto do equipo anfitrión o Patinaje Artístico Salceda organizador do evento contando para elo coa colaboración da Federación Galega de Patinaxe e do Concello de Salceda de Caselas.