A V Semana das Ciencias de Ponteareas permitiu ao alumnado do municipio participar en conferencias e seminarios para aprender de distintos científicos das universidades galegas.

Baixo o título “Vida Verde, Vida Azul” os conferenciantes ofreceron coñecementos sobre a importancia da auga tanto salgada como doce e da súa estreita relación coa vida nos nosos bosques e montañas. Preservar os mares e océanos e cambiar o rumbo para un futuro máis sostíbel foi un dos obxectivos da conferencia da doutora e científica do Campus do Mar, Noelia Estévez, para un total de 26 aulas.

Tamén participou a doutora en química, Elena Falqué, e a doutora en farmacia, Mº Concepción Pérez que ensinaron ao alumnado e profesorado as propiedades e características das distintas augas minerias e os seus beneficios na saúde.

“Estamos orgullosos da actitude do noso alumnado e profesorado que incrementa ano tras ano a súa implicación” sinalou a alcaldesa accidental e edil de Ensino, Cristina Fernández.