A OMIX do Concello da Guarda en colaboración con Atlántica librería, organiza un obradoiro de Escritura Creativa, da man de Javier Peña autor da novela “Infelices” e creador, coordinador e profesor do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura ou Taller Casa Blackie de Novela.

A proposta, impartida polo autor experto en narrativa Javier Peña, que ten amosada a súa capacidade coa publicación dunha novela de éxito, propón un obradoiro estruturado en consellos claros e directos para mellorar na escritura dunha novela, neste caso “10 consellos para escribir unha novela”.

As persoas participantes recibirán ademais un agasallo de parte da librería organizadora e tamén obterán un desconto durante a xornada do taller, para a adquisición de libros.

Inscricións

A actividade realizarase o día 24 de abril pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas, e as prazas son limitadas. As persoas interesadas en inscribirse ou obter maior información ao respecto deben chamar á OMIX ao número de teléfono 986 610 000 (extensión 7) ou escribir un correo electrónico ao enderezo informacion@aguarda.es