O Concello de Tomiño vén de asinar un convenio Cáritas, Servicios Comerciales de Inserción Laboral para a instalación de contedores para a recollida de roupa.

En base ao acordo, o Concello comprométese a conceder un espazo para a colocación dos contedores de forma gratuíta, mentres que a empresa, ten como finalidade a creación de postos de traballo de inserción sociolaboral a través da xestión do residuo téxtil, será a encargada da recollida da roupa, que será reciclada e destinada a fornecer ás persoas sen recursos da vestimenta necesaria.

A instalación dos catro contedores levouse a cabo en varios puntos do municipio, entre os que se atopan o torreiro de festas do barrio do Hospital; a zona deportiva de Sobrada (Torrón), ao carón do colexio; a parroquia de Barrantes, ao carón do CEIP de Barrantes e o núcleo urbano do Seixo, na rúa Tui.

A duración do convenio será de dous anos e a instalación dos contedores levouse a cabo segundo o previsto, na semana seguinte á sinatura do acordo.