Santa Trega alberga o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal de Camposancos, en terreos da citada comunidade de montes.

O proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais.

As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a acadar unha maior biodiversidade, maior valor paisaxístico intrínseco axeitado coa súa gran importancia patrimonial, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superficie total de 77,67 hectáreas.

A súa vez traballouse na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación.

Todas estas actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fixo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración. E fixéronse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 euros.