O Concello do Porriño, da man da escola Kids&Us, vén de comezar esta semana unha serie de contacontos en inglés nos diferentes colexios do municipio.

O obxectivo do programa é ofrecer aos máis pequenos unha actividade en inglés, pensada por e para eles, co fin de impulsar o seu interese e a súa curiosidade cara a este idioma dunha forma lúdica e divertida axudando a impulsar a inmersión lingüística desde idades temperás e a estimulación precoz.

Participarán un total de 157 alumnos de Infantil e Primaria. As sesión retomaranse o martes, logo da volta da Semana Santa.