O club ciclista “Grupeta Pan de Zarko Cañiza” e o Concello da Cañiza organizarán o III Trofeo BTT XCO Concello da Cañiza, o vindeiro 24 de abril, no campo de fútbol das Augas Férreas se a pandemia da COVID-19 non o impide.

O equipo tivo a súa presentación oficial este mes no concello. Cumprirá en maio cinco anos e conta no seu palmarés con importantes premios autonómicos e nacionais de BTT.

Concello e club únense coa finalidade de levar, a través do ciclismo, o nome da Cañiza por todas as estradas e lugares da xeografía española.

Parte do equipo participou recentemente na Copa España BTT XCO de Valladolid.

Actualmente o club conta con 30 socios e está aberto a recibir a novos integrantes.