Varios petróglifos foron descubertos estes días nunha parcela da Comunidade de Montes de Budiño. Trátase, segundo explican dende o Concello de Salceda, “dun achado histórico, xa que ata o momento non se coñecían gravados deste tipo no noso municipio”. Os xacementos xa foron analizados por un arqueólogo e comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a súa catalogación.