O Concello de Tui quere recoñecer o labor relevante que realizan tanto persoas como colectivos e que coa súa achega promoven o desenvolvemento do municipio e dos seus cidadáns. Ante esta premisa, a xunta de goberno Local do Concello de Tui vén de acordar a creación dos Premios “Cidade de Tui” para recoñecer anualmente aquelas persoas e entidades do municipio que teñan realizado unha achega de caracter exemplar á vida local ou contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui,

A primeira convocatoria será para este ano 2021, con dúas modalidades, individual, para galardoar a unha persoa física, e colectiva, para premiar a unha asociación, entidade ou colectivo de carácter cultural, social ou empresarial.

Os premios son de carácter honorífico e serán entregados nunha gala a celebrar coincidindo coas festas patronais na honra de San Telmo. A elección dos galardoados será realizada por un amplo xurado.