A Agrupación de Protección Civil de Tomiño vén de presentar a memoria anual da actividade desenvolvida durante o ano 2020. Entre todos os membros realizaron un total de 2.038 horas de traballo voluntario, participando nun total de 285 operativos entre os que figuran accidentes, incendios, rescates de animais ou entrega de alimentos e medicación a persoas maiores, entre moitos outros.

Por outra banda, a agrupación recibiu unha carpa, un novo equipamento para labores de atención e asistencia en distintos operativos como a colocación de postos sanitarios en eventos ou a realizacións de Plans de Actuación Municipais en situacións de emerxencia.