A etapa 20 de La Vuelta 2021 transcorrerá desde Sanxenxo a Mos, exactamente finalizará no Castro de Herville (Cela). “Percorrerá 7 das 10 parroquias mosenses (cun tramo de 2 km ao 11,8% de desnivel) é trátase dunha etapa que deseñei con moito cariño e dándolle moitas voltas á cabeza para que fose especialmente bonita”, explica Óscar Pereiro, veciño de Mos, embaixador de La Vuelta e gañador dun Tour de Francia

Óscar Pereiro ‘firma’, deste xeito, o deseño do seu primeiro percorrido completo de La Vuelta, xa que o ano pasado interveu no deseño da etapa que partiu de Mos pero sen asumir a autoría da etapa completa

Esta penúltima etapa terá lugar o vindeiro 4 de setembro e nela decidirase o campión de La Vuelta Ciclista a España a falla da contra reloxo en Santiago. Será unha etapa de 173,6 km con subidas e baixadas constantes e cinco portos curtos, pero duros, entre a Serra da Groba e a do Galiñeiro. Terá un final en alto e nos últimos 50 quilómetros non contará con ningún só quilómetro en chan, será un continuo subir e baixar.