Infraestruturas
O Concello de Gondomar avanza na accesibilidade
L. C.
Lograr un concello máis accesible para os seus cidadáns e no que os peóns sexan os protagonistas son os obxectivos das políticas que desenvolve o goberno de Gondomar. Deste xeito segue apostando por plans de accesibilidade que permitan que sexa unha realidade. E agora dáse un paso máis sacando a concurso público a instalación do ascensor para a casa da cultura, un inmoble de tres pisos.
Unha iniciativa que será o primeiro paso para reformar integralmente o edificio público que alberga na actualidade a biblioteca municipal, en proceso de catalogación e inventario das súas obras, así como un salón de actos e oficinas administrativas na súa planta baixa, como é o caso da Oficina Municipal da Xuventude (Omix).
A intención do goberno local é que a biblioteca se poida estender ás tres plantas, ao cubrir as funcións do salón de actos alí presente o auditorio municipal Lois Tobío.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Extinguido el impresionante incendio en una nave de gestión de residuos en Porriño
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Los dragones escupen arena en A Lanzada