A rede de fibra óptica xa está despregada en oito parroquias de Tui (Guillarei, Ribadelouro, Pazos de Reis, Rebordáns, Randufe, Caldelas, Pexegueiro e Areas) e tamén se esta implantando no centro urbano a través de vía área, eliminando deste xeito o cableado cara as vivendas.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso, manifestou que os usuarios das zonas con cobertura de fibra xa poden contactar coas operadoras que ofrezan este servizo para contratalo e indicou que proximamente uniranse a ao plan as parroquias de Baldráns e Paramos.