O concello da Cañiza oferta aulas de ábaco nas que os nenos e nenas aprenderán a manexar un instrumento de cálculo milenario e participarán en xogos e actividades de forma amena e divertida.

A actividade, dirixida a nenas e nenos de entre 5 a 13 anos, comezará o sábado 6 de marzo. Máis información na biblioteca municipal da Cañiza ou no teléfono 986 66 30 69.