O programa de capacitación e mellora da empregabilidade da mocidade, GIRA Jóvenes, de Coca-Cola, iniciouse no IES Escolas Proval de Nigrán, no que 15 estudantes do grao de Técnico Superior en Administración e Finanzas accederon a formación específica para coñecer e impulsar o seu potencial como axentes de cambio, e construír o seu futuro profesional adaptado ao novo mercado laboral. Dada a actual situación, os obradoiros leváronse a cabo en liña

“GIRA Jóvenes - Impulsa el cambio” conta con varias fases: formar, inspirar e activar. Precisamente dentro da segunda das etapas deste itinerario formativo, o alumnado do IES Escolas Proval puxeron en marcha o proxecto Palmeiras Verdes, a executar a medio e longo prazo. Articúlase como un aglutinador de diferentes propostas de acción a formular á administración pública, a empresas y á poboación da zona en xeral, para provocar espazos de reflexión e de mellora para o futuro. Así, entre as accións que propoñen están a elaboración dun plan de limpeza e mantemento de praias, que inclúa campañas de concienciación e sensibilización, organización de saídas para a limpeza, venda de bolsas de lixo ecolóxicas, restauración do paseo marítimo, instalación de máis papeleiras, organización de concursos de fotografías para xente nova e formacións gratuítas sobre vida mariña, entre outros. Tamén a creación de actividades culturais, deportivas e concertos cun prezo simbólico a modo de doazón para o coidado das costas e apoio ao pequeno comercio coa creación dunha empresa de reparto local que facilite a compra a domicilio para as persoas do municipio e/ou turistas.

Zonas rurais

A segunda edición de “GIRA Jóvenes - Impulsa el cambio” nace cuns obxectivos ambiciosos a fin de beneficiar ao maior número posible de mozos. A previsión é chegar a 20 municipios, para formar a 27 grupos e traballar con 400 xoves procedentes de centros de FP de zonas rurais, distribuídos ao longo do territorio nacional.

Con este propósito, o programa ampliarase a novas rexións se en 2020 se desenvolveu en Estremadura, Andalucía e Castela A Mancha, nesta nova edición o programa tamén estará presente en Valencia, Galicia, Baleares e Aragón.

María Troncoso, de Coca-Cola European Partners Iberia, apunta que “a capilaridade deste proxecto é un dos puntos fortes. Aspiramos a chegar a todas as rexións, sobre todo a aquelas que contan cun compoñente rural máis significativo, para formar aos mozos e convertelos en impulsores na actividade socioeconómica na súa contorna”.

Covid-19

A pesar da crise da Covid-19, Coca-Cola adaptou o programa “GIRA Jóvenes” ao formato virtual e logrou pechar a edición anterior coa participación de 859 mozos de 7 provincias e cun total de 19.286 horas formativas impartidas.

Así, cos datos da última edición, “GIRA Jóvenes” conseguiu contar coa participación de 5.518 mozos entre 2012 e 2020.