Oco apoio de cans de terapia. A actividade “Valores que deixan pegada”, promovida pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, estase a desenvolver ata o vindeiro xoves en diferentes centros educativos do municipio.

Son un total de 400 nenos de Infantil e Primaria (dos colexios Antonio Palacios, Atios, Cruz Budiño, Mosende, Ribeira, Xosé Fernández López, Hermanos Quiroga e ¡Santo Tomás) os que participan desta iniciativa cuxo obxectivo xeral é trasladar os beneficios que achegan os animais a contornos escolares, coa finalidade de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas, con obradoiros específicos orientados a este fin.